As Espigadoras

As Espigadoras somos unha cesta… un tecido vivo, interconectado, coa función de recipiente, recoller, albergar…
Oficios, saberes manuais, levados a cabo con esa paciencia inagotable das queridas avoas, que cobran unha importancia renovada neste paradigma acelerado e tecnolóxico dos nosos días… Son un humilde e sempre dispoñible antídoto.
Escoitando, tecendo, preparando remedios naturais, ocupándonos da nosa saúde e da nosa alimentación, honramos ás avoas e aos avós, e somos máis nós. Tecemos fíos de amor entre as xeracións.

Que ofrecemos no Mercado da Terra:
– Alimentación ecolóxica en fresco: horta de temporada.
– Alimentación ecolóxica envasada: conservas caseiras como chutneys, marmeladas, salsas, etc.
– Planta viva de temporada.
– Aromáticas.
– Cosmética natural: xabóns e cremas.
– Ungüentos medicinais naturais.

Contacto: asespigadoras@gmail.com