Quen somos

O Mercado da Terra é un mercado de produtos ecolóxicos, naturais, locais e de temporada que botou a andar no ano 2011 e que se está a consolidar xa como un referente da alimentación ecolóxica na nosa cidade e, polo tanto, de formas de vida máis sostibles.

Alén da función de compra-venda que cumpre calquera mercado, o Mercado da Terra tamén é unha ferramenta para a divulgación dos valores da ecoloxía e o comercio xusto, onde consumidorxs e produtorxs poden encontrarse e coñecerse, ademais de dinamizar o comercio local, e dar alegría e colorido ao entorno da praza.

O Mercado da Terra organízase de forma asemblearia, a través de xuntanzas e grupos de traballo onde participan tanto consumidorxs como produtorxs.

Estamos aquí – Como chegarIMG-20150630-WA0001