Masa Nai

Masa Nai

En Masa Nai elaboramos pan de landra, de millo, empanadillas e producimos shiitake fresco e deshidratado.

Estamos a 7 km Lugo, na parroquia de Santa María Alta.

Coa nosa forma de traballo buscamos acadar unha convivencia pacífica co noso entorno, utilizando materias primas de produtoras locais, todas ecolóxicas, e utilizando métodos de traballo artesanos e nos que a enerxía necesaria para a elaboración sexa tamén eficiente e respetuosa (cocción en forno de barro alimentado con restos de podas e deshidratado do shiitake con enerxía solar).

Nos pans, para que a masa levede, só é utilizada masa nai.

Graciñas e que aproveite!

PAN DE LANDRA E TRIGO

Ingredientes:

Fariña de trigo ecolóxica (Begonte) (70%)

Fariña de landra de carballo (Santa María Alta) (30%)

Masa nai de trigo ecolóxico

Sal

A landra foi apañada no entorno de Lugo, e unha vez seca e descascada, foi moída para fabricar fariña de landra. Esta fariña, foi posteriormente desamargada mediante varios lavados en auga.

A landra é un alimento que nos ofrecen os carballos, e que posúe un alto valor nutritivo, rico en hidratos de carbono e proteínas, así como un alto contido en calcio.

Composición nutricional da landra:

Hidratos de carbono 60-70% da MS (Materia Seca), sobre todo almidón e en menor medida glucosa e sacarosa
Lípidos 5 a 10% da MS, cun contido de ácido oleico do 60%
Proteínas 4 a 8% da MS
Calcio 70 a 140 mg/100 gr de MS (niveis similares ó do leite)

Neste enlace podes escoitar unha entrevista á produtora do trigo ecolóxico:

http://www.ivoox.com/entrevista-a-maria-produtora-trigo-audios-mp3_rf_10886453_1.html

PAN DE MILLO E TRIGO

Ingredientes:

Fariña de millo ecolóxica (Luarca, Asturies) (50%)

Fariña de trigo ecolóxica (Begonte) (50%)

Masa nai de trigo ecolóxico

Sal

Neste enlace podes escoitar unha entrevista á produtora do millo ecolóxico:

http://www.ivoox.com/entrevista-a-demian-produtor-millo-audios-mp3_rf_10886516_1.html

EMPANADILLAS

As empanadillas, tamén están cocidas no forno de barro, e o recheo varía en función dos produtos de temporada que podemos atopar

Ingredientes:

Fariña de trigo ecolóxica

Aceite ecolóxico

Sal

Panela (no caso das empanadillas de mazá)

Recheos moi variados: de mazá, shiitake, cabaza, algas, soia texturizada, porro, cebola, grelos, noces, etc…

SHIITAKE

Producimos shiitake fresco e deshidratado, a través do cultivo en troncos de carballo e bidueiro.

Os troncos son todos obtidos de podas respetuosas do entorno da carballeira onde está a produción.

Despois da poda, os troncos son inoculados co micelio do shiitake, e despois desta operación, son incubados durante un ano. Pasado este tempo, os troncos son humedecidos para provocar a aparición dos cogumelos.

Para o deshidratado, utilizamos a enerxía solar, a através dun sinxelo deshidratador de panel.

Para máis información sobre o proceso de produción:

http://permaculturavencello.blogspot.com.es