Queres colaborar?

O Mercado da Terra é un mercado totalmente autoxerido. Todas as actividades de dinamización que levamos a cabo financiámolas nós mesmxs (produtorxs e consumidorxs).

Para poder continuar nesta liña de traballo e ofrecer máis actividades, son benvidas todas as colaboracións.

Como podes colaborar?

  • Facendo a túa compra no Mercado da Terra.
  • Facendo doazóns puntuais (nalgún dos postos encontrarás o peto das doazóns).
  • Ofrecéndonos un pouquiño do teu tempo (asistindo ás asembleas e encargándote de traballos puntuais que poidas facer).
  • Axudándonos na difusión do Mercado, para así chegar cada vez a máis xente. Comparte as nosas publicacións nas túas redes sociais e fálalle de nós a toda a túa xente.

Se es consumidor/a habitual e  queres estar ao tanto de todas as nosas conversas, decisións, reunións, etc., solicítanos que te incluamos na nosa lista de correo.

Obrigadas!!