Obradoiro 26 Marzo. Elaboración de unha Pulseira de Anea (Espadana)

ELABORACIÓN DUNHA PULSERA DE ANEA (ESPADAÑA)

O martes 26 de marzo desfrutaremos dunha nova actividade aberta ao público no ámbito do Mercado da Terra (rúa Quiroga Ballesteros, no baixo do edificio do Uxío Novoneyra), entre as 18:00h e as 19:30h.

A Anea é unha planta herbácea da familia das Tifáceas, que medra en zonas palustres, e alcanza os 2 m. de altura. As follas teñen unhas características axeitadas para a cestería porque son longas, estreitas, resistentes e flexibles. Unha das súas aplicacións máis habituais é a elaboración do entramado que serve de base para as cadeiras.

Nós elaboraremos un cordón de dous cabos, co que faremos unha pulseira. Deste xeito sinxelo, aprenderemos a técnica básica que se utiliza para as cadeiras, para a estrutura das corozas, as soltas para animais, etc.

Posted in General | Comments Off on Obradoiro 26 Marzo. Elaboración de unha Pulseira de Anea (Espadana)

Visitas Spg Mercado da Terra. Froitas e Elaborados Redes

Hoxe resumimos a visita da equipa técnica ao proxecto de Angel e Patrícia. Alí amosáronos o xeito en como traballan e elaboran as súas empanadas, biscoitos e demais transformados, con produtos procedentes de comercio xusto, agricultura ecolóxica ou mesmo da súas hortas.

Tamén nos mostraron as froiteiras onde recollen os limóns, laranxas, pomelos, aguacates, etc. mentres nos falaban do seu manexo, totalmente libre de agrotóxicos.

Froita fresca, local e de tempada. Non podemos pedir máis. Tódolos martes no Mercado da Terra.

Posted in General | Comments Off on Visitas Spg Mercado da Terra. Froitas e Elaborados Redes

Visitas SPG Mercado da Terra. Panaderia Paula

Arrecendo a pan forneandose, iso é o primeiro que se percibe o entrar no obradoiro de Paula, o seguinte é sensación de fame, ou gula neste caso, xa que o resultado xa o coñecemos.

O que faltaba erá coñecer polo miúdo o proceso: fariña de calidade, masa naí, tempo de levedado, forneado, e o algun segredo de elaboración que non nos atrevemos a preguntar.

A proba: tódolos martes pola tarde no Mercado da Terra.

Animádevos

Posted in General | Comments Off on Visitas SPG Mercado da Terra. Panaderia Paula

Visitas SPG Mercado da Terra. Millo e Landras

Tras unha paréntese, continuamos coas visitas técnicas do SPG Mercado da terra. Nesta ocasión visitamos o aproveitamento de Millo e Landras en Vilasantar.

Alí poidemos ver o proceso de produción de tódolos produtos que elaboran, horta, fariñas, produtos de orixe animal, e moitos máis, confirmando o bo facer que hai detrás, e o funcionamento de unha verdadeira granxa familiar que traballa baixo os criterios da agroecoloxía.

Máis información de Millo e Landras en : https://www.facebook.com/MilloELandras/

Posted in General | Comments Off on Visitas SPG Mercado da Terra. Millo e Landras

Lugo acolle unha chocolatada a favor do consumo responsable
 
O 11 de decembro, o Mercado Municipal da cidade será o escenario da III Chocolatada Xusta organizada polo Mercado da Terra e a iniciativa Lugo Xusta
 
Será unha xornada de sensibilización dirixida a todos os públicos que busca poñer o foco na necesidade de consumir xusta e responsablemente, tamén, durante as datas de Nadal
 
 
Lugo, 7 de decembro. Achégase o Nadal e con el a época máis consumista do ano. Coa vontade de sensibilizar sobre a necesidade de consumir responsablemente, tamén, durante estas datas, o Mercado da Terra e a iniciativa Lugo Xusta organizan o vindeiro 11 de decembro a terceira edición da Chocolatada Xusta. A partir das 17:30 horas, o Mercado Municipal Quiroga Ballesteros da cidade acollerá unha xornada lúdica e de concienciación sobre o impacto que ten o noso consumo cotiá noutras persoas e o medio. Tamén, sobre a importancia de consumir de xeito responsable e xusto a través de iniciativas que se atopan nos nosos barrios e vilas. Son propostas que ofrecen produtos nos que se garante o respecto dos dereitos das persoas que participaron no proceso de produción, distribución e venda dos produtos; e o respecto do medio ambiente e das comunidades que o habitan.
 
As persoas que asistan poderán desfrutar dun chocolate de Comercio Xusto acompañado dun anaco de biscoito elaborado, tamén, con produtos ecolóxicos e de comercio xusto. Antes, e para poder degustalo, deberán participar nunha xincana para todas as idades na que se reflexionará sobre o proceso de produción e comercialización dos produtos que consumimos a diario.
 
Ademais da xincana, tamén haberá un espazo de circo e unha actuación musical. A Chocolatada pecharase co sorteo dunha cesta de produtos de Comercio Xusto, ecolóxico e de proximidade, similares aos que estarán á venda toda a tarde en distintos postos. As rifas poderán adquirise por 1 euro a partir do 4 de decembro no Mercado da Terra e nos establecementos de entidades adheridas á Campaña Lugo Xusta.
 
Programa
17:30h Apertura. Postos de venda e xincana con Chocolatada Xusta
18:00h Show ‘Circo Improvisto’ por parte de Duende Circo
19:00h Actuación dos Amigos do Caldeiro cos seus Cantos de Taberna
19:45h Sorteo dunha cesta de produtos de Comercio Xusto
 
Organizan
Mercado da Terra é un Mercado de produtos ecolóxicos e locais organizado dende hai seis anos pola asociación de consumidoras O Bandullo Ecolóxico. Celébrase todos os martes de 17 a 20h no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros e pretende ser un encontro entre produtoras e consumidoras.
 
Lugo Xusta é un grupo de traballo cidadá composto por persoas e polas entidades Asemblea de Cooperación pola Paz, Bico de Grao, Mans Unidas, Solidaridade Internacional de Galicia e Taller de Solidaridad. O seu obxectivo principal é converter Lugo nunha cidade polo comercio xusto, para o que dende 2014 realiza diferentes actividades de sensibilización. As entidades adheridas a esta campaña colaboraron coa organizacion.
 
Coordinadora Galega de ONGD. Entidade formada por 46 ONG de Desenvolvemento que traballa para acadar a xustiza social e o fin das desigualdades globais.

https://www.facebook.com/events/1895094113942815/

Posted in General | Comments Off on

Castañas Arza. Visitas do SPG de Mercado da Terra

Outra produtora do Mercado da Terra é Isabel, que trae quincenalmente as súas delicias de outono, as castañas confitadas ARZA ( https://www.facebook.com/castanasarza/ )

A última das visitas da equipa técnica do SPG do Mercado da Terra foi ao seu obradoiro, onde constatamos o bo facer e o mimo que lle pon as súas elaboración a base das castañas apañadas nos seus soutos na Serra do Courel de Lugo.

Aqui vos deixamos un video de mostra dos seus soutos e algunha foto.

Posted in General | Comments Off on Castañas Arza. Visitas do SPG de Mercado da Terra

No Mercado da Terra, tódolos productos estan cultivados baixo criterios de agricultura ecolóxica, sen pesticidas nen usos de técnicas que envenenen ou degraden os solos de cultivo e o que de sacamos.

Para garantir isto traballamos dentro de un SPG (Sistema Participativo de Garantia), o seu funcionamento o podedes consultar neste mesmo blog, ou ben falando con calquera dos produtores no Mercado, tódolos martes de 5 a 8 da tarde no Mercado Municipal de Lugo na Rúa Quiroga Ballesteros.

Deixovos algunha foto da ultima visita sacada pola equipa técnica do SPG do Mercado, nesta ocasión a horta de Lola.

Posted in General | Comments Off on

Magosto no Mercado da Terra

Xa estamos en tempada de Castañas, e para celebralo, o vindeiro martes pola tarde, no Mercado da terra, temos magosto: castañas, bebidas, encontros, e compra local e sostible.

No o esquezas, o videiro 13 de novembro, pola tarde, no mercado da terra.

Posted in General | Comments Off on Magosto no Mercado da Terra

Obradoiro de elaboracións con Landra

Aquí van unha fotos do ultimo obradoiro feito no Mercado da Terra. Cociñando con Landras. Dou fe de que estaba ben rico, pero se o queredes comprobar, pasade calquera martes pola tarde polo mercado, e atoparades eses pans de landras tan bos.

Grazas Xose

Posted in General | Comments Off on Obradoiro de elaboracións con Landra

Presentación / Concerto Carballeiran Beauty

Apuntade a data!!  O vindeiro Martes 29 de Maio, no Mercado da Terra (Rúa Quiroga Ballesteros, Lugo) a partires das 17:00h.

Presentación Cantaruxada do Manual de cocina Bellotera para la era post petrolera a cargo do seu autor Cesar Lema. Unha experiencia para o intelecto e os sentidos.

Posted in General | Comments Off on Presentación / Concerto Carballeiran Beauty