Dentro do programa de actividades que o Mercado da Terra está a levar a cabo este ano, cunha actividade nova o último martes de cada mes, este martes, día 26, temos o luxo de contar coa colaboración de Osquinha, cesteiro de Friol, que levará a cabo unha mostra de cestería tradicional, aberta a todas as persoas e gratuíta, que se realizará no entorno do propio Mercado.
Nesta mostra Óscar elaborará unha peza de cestería tradicional explicando as partes do proceso e as características do material.
Non faltedes!