Programa de actividades 2018

Como en anos anteriores, no Mercado da Terra poñémonos mans á obra para ofrecervos novas actividades paralelas á celebración do mercado. Comezamos xa a próxima semana!

Haberá unha nova actividade cada mes. E neste mes de xaneiro abrimos cun obradoiro de elaboración de cremas hidratantes a cargo de Alteia.

O obradoiro consistirá en ensinar ás persoas asistentes como elaborar -de forma fácil, económica e  saudábel- unha crema básica de uso cosmético á que se lle poderán engadir diferentes ingredientes en función do efecto que desexemos conseguir. Fabricando os nosos propios cosméticos, axustamos mellor a compra ás nosas necesidades, axúdanos a reflexionar tamén sobre o impacto ambiental que provoca esta industria e, sobre todo, garantimos a calidade do que estamos a fabricar. O consumo responsábel é clave para o desenvolvemento dunha economía sustentábel e, nese sentido, a autosuficiencia neste ámbito é unha ferramenta máis de responsabilidade económica.

 

 

Esta actividade, como todas as que realizamos, é gratuíta e de acceso libre.

Data e hora: Martes, 30 de xaneiro ás 17.30h

Lugar: Mercado Municipal (R/ Quiroga Ballesteros, 1)

This entry was posted in General, Mercado da Terra and tagged , , , . Bookmark the permalink.