Día mundial do Comercio Xusto: feira na Praza Maior

Lugo Xusta organiza unha semana solidaria para festexar o movemento do Comercio Xusto

Lugo Xusta, xunto á Coordinadora Galega de ONGD`s, celebra o Día Mundial do Comercio Xusto o próximo sábado 12 cunha feira na Praza Maior e que cerrará a semana de actividades na cidade en torno ao Consumo Xusto e Ético.

A feira porá remate a tres días de actividades, que comezaron onte, xoves 10, cunha cea no Bodegón A Fouce, onde se puido desfrutar dunha cea eleborada con produtos ecolóxicos e de Comercio Xusto.

Hoxe, venres 11, a partir das 21 horas, haberá un vídeo fórum logo da proxección do documental “Food Coop” no Patio do Vello Cárcere. O documental conta a historia e o funcionamento cotiá deste supermercado cooperativo que desde 1973 agrupa a máis de 16.000 persoas no barrio de Brooklyn. As persoas que integran a Cooperativa deben traballar 3 horas ao mes para ter dereito a comprar a mellor comida da cidade de New York ao prezo máis barato posible”. Co documental tentamos mostrar modelos de comercialización e consumo alternativos, co obxectivo de fomentar relacións entre produtor e consumidor mais equilibradas. Despois da proxección, haberá un debate que será dinamizado por Bico de Grao S.Coop.Galega, O Mercado da Terra e a Sociedade Cooperativa Zocamiñoca da Coruña.

Finalmente, o sábado 12 de Maio, celébrase a xa tradicional feira e que contará con postos de información e venda de produtos de Comercio Xusto, agricultura ecolóxica e artesanía local. Na xornada, que durará desde as 11 da mañá ata as 20 horas, haberá un Obradoiro de Cociña dirixido a nenos e nenas, no que se elaborarán doces con produtos de Comercio Xusto e coñecerán os beneficios do consumo responsable. O Obradoiro será impartido por Marcos López, do Obradoiro de Comida “Sen Sucre”, entre as 12 e as 13:30 horas. É preferible inscribirse previamente no correo lugoxusta@gmail.com

ORGANIZA

Lugo Xusta é un grupo de traballo voluntario composto polas entidades Asemblea de Cooperación pola Paz, Bico de Grao, Mans Unidas, Solidariedade Internacional de Galicia, Taller de Solidaridad e persoas a título individual. O obxectivo principal é converter Lugo nunha cidade polo Comercio Xusto, para o que, desde 2014 véñense realizando diferentes actividades de sensibilización arredor do movemento de Comercio Xusto e do Consumo Responsable.

Colaboran:  Bodegón “A Fouce”, “Mercado da Terra” de Lugo, Cooperativa Zocamiñoca da Coruña e todas as entidades adheridas á campaña “Lugo, Cidade polo Comercio Xusto”.

This entry was posted in General and tagged , , . Bookmark the permalink.