Manifesto da Universidade de Santiago por unha nova política para o rural galego

Copiamos aquí o manifesto que asinaron máis de 80 docentes e investigadorxs da USC, demandando medidas firmes que solucionen a problemática dos incendios, as cales pasan por levar a cabo unha nova e eficiente política para o rural galego:

‘Por unha nova política para o rural galego’

Os e as asinantes deste manifesto, persoal docente e investigador da Universidade de Santiago, achegámonos á problemática dos lumes desde áreas científicas diferentes (agronomía, bioloxía, economía, historia, enxeñería de montes, xeografía, etc.), mais compartimos, como parte integrante que somos da sociedade, a preocupación polo sucedido na segunda semana de outubro, cando unha vez máis, as lapas asolaron unha parte significativa do noso país. Preguntámonos, sobre todo, polo que podemos e debemos de facer para evitar que isto volva acontecer.

Por que sufrimos vagas de lume de xeito recorrente? A resposta a esta pregunta precisa dunha reflexión colectiva na que participen tanto os habitantes do rural como do urbano. Unha reflexión que ten que estar apoiada non en suposicións ou opinións difundidas en medios de comunicación, senón no coñecemento científico-técnico achegado desde unha multiplicidade de fontes.

Con este manifesto pretendemos facer unha chamada de atención á sociedade no seu conxunto e aos nosos responsábeis políticos sobre a necesidade dun debate público sereno e profundo acerca das causas dos lumes forestais. Un debate que supere as explicacións banais e produza un cambio de rumbo nas políticas territoriais, particularmente nos eidos ambiental, forestal e agrogandeiro. Somos conscientes de que moitas das medidas a adoptar so deixarán sentir os seus efectos a medio e longo
prazo, e que ademais, poden ser difíciles de aceptar por unha parte importante da poboación. De aí que o consenso social e político sexa imprescindíbel.

Temos que comezar xa a traballar na análise do acontecido, e pensamos que este traballo ten que ter como obxectivos finais, os seguintes:

1.- Abordar a ordenación territorial. Debemos de facelo en sintonía coas directrices internacionais,comunitarias e nacionais en materia de planificación de espazos rurais e urbanos, conservación da biodiversidade e mitigación do cambio climático, así como nas necesidades ambientais e socioeconómicas do país.

2- Integrar a diversificación de usos e o aproveitamento racional dos recursos existentes coa finalidade de frear a perda de terras de uso agrario de elevada aptitude e a destrución de espazos de grande valor ambiental. Precísase dunha ordenación do sector forestal baseada en criterios de sustentabilidade ambiental e económica, diversificación de especies e produtos, respecto ás infraestruturas verdes e á rede de espazos protexidos.

3- Aplicar de xeito efectivo a lexislación vixente. Necesitamos mecanismos que permitan que se cumpra o xa establecido en materia de distancias, aproveitamento ou conservación ambiental.

4.- Transformar o actual dispositivo de extinción de incendios, recoñecendo o esforzo dos/das traballadores/as do servizo e o elevado risco que enfrontan. Ao mesmo tempo, consideramos que as labores de prevención deben cobrar un maior protagonismo.

Partindo destas premisas, os e as asinantes deste manifesto reclamamos consenso social e político e expresamos a nosa disposición para colaborar nun proceso de debate aberto e participativo en aras da consecución dun modelo de xestión que permita superar a situación actual e proporcionar unha nova oportunidade ao noso medio rural, no convencemento de que sen as ferramentas axeitadas, o futuro da nosa sociedade e do medio que a acolle pode verse seriamente comprometido.

Asinan: Docentes e investigadores/as no ámbito territorial da USC

Posted in General | Comments Off on Manifesto da Universidade de Santiago por unha nova política para o rural galego

Consumo para a xente

Anos atrás, non hai tanto tempo, a economía social no país non era case nin un concepto. Houbo pioneiras, xente que con convicción e intuición foron creando diferentes proxectos que pouco a pouco conformaron o lugar sobre o cal se apoiaron moitas outras. Algunhas delas xa non nos acompañan, e outras son a base sólida e a referencia sobre as que se asentan os colectivos emerxentes.

Hoxe en día xa a economía social está viva e busca as súas propias solucións, condicionada pola realidade económica, a ríxida lexislación ou as necesidades vitais das persoas impulsoras de cada iniciativa. Polo tanto, salientaremos as iniciativas que destacan por perseguir obxectivos sociais máis aló dos económicos e da súa vocación colectiva e aberta.”

PODES LER O ARTIGO ÍNTEGRO AQUÍ: https://elsaltodiario.com/economia-social/consumo-para-a-xente#

Un artigo de Marcial Blanco e Óscar Senra.

Obrigadxs pola mención!

Posted in General | Comments Off on Consumo para a xente

Destilación de aceites esenciais de plantas

Este martes, día 30, organizamos un novo obradoiro titulado “Destilación de aceites esenciais de plantas”, coaceitenducido pola compañeira Esther Gómez, aberto a todas as persoas e gratuíto. Será a partir das 18:00h no propio mercado.
O obradoiro enmárcase dentro do programa de actividades que o “Mercado da Terra” levará a cabo durante este ano cunha actividade nova o último martes de cada mes.
Neste obradoiro, as participantes poderán aprender a elaborar aceites esenciais de romeu e lavanda, utilizando o método de destilación por arrastre con vapor.

Esperámosvos!!

Posted in Mercado da Terra | Tagged , , | Comments Off on Destilación de aceites esenciais de plantas

Mostra de cestería tradicional

 

Dentroportada_osqui do programa de actividades que o Mercado da Terra está a levar a cabo este ano, cunha actividade nova o último martes de cada mes, este martes, día 26, temos o luxo de contar coa colaboración de Osquinha, cesteiro de Friol, que levará a cabo unha mostra de cestería tradicional, aberta a todas as persoas e gratuíta, que se realizará no entorno do propio Mercado.
Nesta mostra Óscar elaborará unha peza de cestería tradicional explicando as partes do proceso e as características do material.

Non faltedes!

Posted in Mercado da Terra | Tagged , , | Comments Off on Mostra de cestería tradicional

Novo encontro de O RURAL QUERE XENTE

Xa está aí o novo encontro de O Rural Quere Xente, nesta ocasión no lugar de Xestas, en Porto do Son, que decorrerá entre o 7 e o 10 de xullo.

Se aínda non sabes de que vai isto, tes toda a info aquí. En resumo, é o punto de encontro na Galiza das persoas preocupadas polo rural, a ecoloxía e unha morea de valores máis relacionados cunhas relacións sociais e económicas xustas.

Durante estes encontros, convivimos, compartimos experiencias e ideas, aprendemos unhas das outras e sumamos forzas para combater, re-dignificar o rural e darlle vida.

cartaz-orqx

 

Posted in General | Tagged , , | Comments Off on Novo encontro de O RURAL QUERE XENTE