Contra a ordenanza in-cívica do concello de Lugo

O Mercado da Terra súmase á recén creada plataforma “Lugo sen mordazas”, en rexeitamento á “ordenanza cívica” do concello de Lugo.

Podes asinar a petición para a retirada da ordenanza AQUÍ.

Máis info:

COMUNICADO PRESENTACIÓN LUGO SEN MORDAZAS

LUGO SEN MORDAZAS

 

 

 

Posted in General | Tagged | Comments Off on Contra a ordenanza in-cívica do concello de Lugo

Día mundial do Comercio Xusto: feira na Praza Maior

Lugo Xusta organiza unha semana solidaria para festexar o movemento do Comercio Xusto

Lugo Xusta, xunto á Coordinadora Galega de ONGD`s, celebra o Día Mundial do Comercio Xusto o próximo sábado 12 cunha feira na Praza Maior e que cerrará a semana de actividades na cidade en torno ao Consumo Xusto e Ético.

A feira porá remate a tres días de actividades, que comezaron onte, xoves 10, cunha cea no Bodegón A Fouce, onde se puido desfrutar dunha cea eleborada con produtos ecolóxicos e de Comercio Xusto.

Hoxe, venres 11, a partir das 21 horas, haberá un vídeo fórum logo da proxección do documental “Food Coop” no Patio do Vello Cárcere. O documental conta a historia e o funcionamento cotiá deste supermercado cooperativo que desde 1973 agrupa a máis de 16.000 persoas no barrio de Brooklyn. As persoas que integran a Cooperativa deben traballar 3 horas ao mes para ter dereito a comprar a mellor comida da cidade de New York ao prezo máis barato posible”. Co documental tentamos mostrar modelos de comercialización e consumo alternativos, co obxectivo de fomentar relacións entre produtor e consumidor mais equilibradas. Despois da proxección, haberá un debate que será dinamizado por Bico de Grao S.Coop.Galega, O Mercado da Terra e a Sociedade Cooperativa Zocamiñoca da Coruña.

Finalmente, o sábado 12 de Maio, celébrase a xa tradicional feira e que contará con postos de información e venda de produtos de Comercio Xusto, agricultura ecolóxica e artesanía local. Na xornada, que durará desde as 11 da mañá ata as 20 horas, haberá un Obradoiro de Cociña dirixido a nenos e nenas, no que se elaborarán doces con produtos de Comercio Xusto e coñecerán os beneficios do consumo responsable. O Obradoiro será impartido por Marcos López, do Obradoiro de Comida “Sen Sucre”, entre as 12 e as 13:30 horas. É preferible inscribirse previamente no correo lugoxusta@gmail.com

ORGANIZA

Lugo Xusta é un grupo de traballo voluntario composto polas entidades Asemblea de Cooperación pola Paz, Bico de Grao, Mans Unidas, Solidariedade Internacional de Galicia, Taller de Solidaridad e persoas a título individual. O obxectivo principal é converter Lugo nunha cidade polo Comercio Xusto, para o que, desde 2014 véñense realizando diferentes actividades de sensibilización arredor do movemento de Comercio Xusto e do Consumo Responsable.

Colaboran:  Bodegón “A Fouce”, “Mercado da Terra” de Lugo, Cooperativa Zocamiñoca da Coruña e todas as entidades adheridas á campaña “Lugo, Cidade polo Comercio Xusto”.

Posted in General | Tagged , , | Comments Off on Día mundial do Comercio Xusto: feira na Praza Maior

Proxección do filme FOOD COOP

Hoxe, ás 21.00h, temos en Lugo a presentación do filme FOOD COOP, no patio do vello cárcere. Despois debateremos sobre o filme xs companheirxs do Mercado da Terra, da cooperativa Zoca Miñoca e de Bico de Grao.

O documental conta a historia deste supermercado cooperativo que, desde 1973, agrupa a máis de 16.000 persoas no barrio de Brooklyn. Xs membrxs “traballan 3 horas ao mes para ter dereito a comprar a mellor comida da cidade de New York ao prezo máis barato posíbel”.

Un consumo alternativo e responsábel é posíbel!

Non faltedes! Vale a pena!

Posted in General | Tagged , , , | Comments Off on Proxección do filme FOOD COOP

Obradoiro mes de abril: elaboración de queixo fresco

O pasado 24 de abril tocou aprender a facer queixos no Mercado da Terra. O noso compañeiro Víctor, de “Millo e Landras”, ensinounos como elaborar un delicioso queixo con leite de vaca. As visitantes estiveron moi atentas e implicadas e non dubidaron en participar da tarefa.

Obrigadxs, Víctor!

Posted in General | Comments Off on Obradoiro mes de abril: elaboración de queixo fresco

Novo obradoiro: SEMENTANDO POESÍA

 

Chega a primavera ao Mercado da Terra e con ela o momento da sementeira! Vide partillar connosco este momento!
Este martes 27 a partir das 18h celebramos o obradoiro “Sementando Poesía”, no que fabricaremos papel reciclado introducindo sementes. Así que se queredes encher as vosas hortas e xardíns de sementes e poemas non dubidedes en vir e traer as vosas!
Actividade apta (e aconsellábel) para crianzas!

Imparten: Lucía (As Espigadoras) e Xose (Masa Nai).

Posted in General, Mercado da Terra | Tagged , , , , , | Comments Off on Novo obradoiro: SEMENTANDO POESÍA

Charla informativa: Moedas Complementarias e Redes de Troco

Este martes, 27 de febreiro,  ofrecémosvos unha nova actividade dentro do programa de dinamización do Mercado da Terra:

Charla informativa sobre moedas complementarias e redes de troco.

Con esta actividade pretendemos mostrar tres iniciativas reais, nas cales a economía está ao servizo das persoas, a través de redes de intercambios de bens e servizos.  Ademais, varios postos do Mercado da Terra xa aceptan, a día de hoxe, pagos nestas moedas complementarias.

Asistirán: Banco de Tempo de Lugo, Moeda Social Landra (Compostela) e Fair Coop. (rede mundial).

Hora: 18:00
Lugar: Mercado Municipal Quiroga Ballesteros, Lugo

Posted in General, Mercado da Terra | Tagged , , , , , , , | Comments Off on Charla informativa: Moedas Complementarias e Redes de Troco

Novo horario

AVISO:

A partir do día 30 de xaneiro de 2018, o Mercado da Terra amplía o seu horario até as 20.30h.

Posted in Mercado da Terra | Comments Off on Novo horario

Presentación: “I Congresso de Decrescimento em Lugo”

O próximo martes, día 6, a partir das 18h, contamos cunha nova actividade no Mercado da Terra: a presentación do “I Congresso de Decrescimento” e dos seus relatorios para debate.

Coa participación dos ponentes:
IVAN RODRIGUEZ. Xeólogo ambiental, doutor pola Universidade Politécnica de Madrid (E.T.S. de Ingenieros de Montes), especialista en avaliación ambiental de actividades e planificación física. Responsábel do Sindicato Labrego Galego na Mariña Lucense.

MIGUEL ANXO ABRAIRA. Autónomo na transformación de produtos agrarios, Político e activista social.

Relatorios:
Regulamento.
Introdución: Por que o Decrecemento? E por que no Eo-Navia, Galiza e O Bierzo?
Organización e autoxestión.
Sociedade, valores e eco-feminismo.
Medio ambiente.
Saúde.
Enerxía e transporte en Galiza: razóns para o decrecemento.
Educación.
Alimentación, consumo e economía de proximidade.
Medios de comunicación e cultura.

Organizan: Rede de Decrescimento Eu-Návia/ Galiza / O Bierzo  e  Mercado da Terra

Posted in General | Tagged , | Comments Off on Presentación: “I Congresso de Decrescimento em Lugo”

Programa de actividades 2018

Como en anos anteriores, no Mercado da Terra poñémonos mans á obra para ofrecervos novas actividades paralelas á celebración do mercado. Comezamos xa a próxima semana!

Haberá unha nova actividade cada mes. E neste mes de xaneiro abrimos cun obradoiro de elaboración de cremas hidratantes a cargo de Alteia.

O obradoiro consistirá en ensinar ás persoas asistentes como elaborar -de forma fácil, económica e  saudábel- unha crema básica de uso cosmético á que se lle poderán engadir diferentes ingredientes en función do efecto que desexemos conseguir. Fabricando os nosos propios cosméticos, axustamos mellor a compra ás nosas necesidades, axúdanos a reflexionar tamén sobre o impacto ambiental que provoca esta industria e, sobre todo, garantimos a calidade do que estamos a fabricar. O consumo responsábel é clave para o desenvolvemento dunha economía sustentábel e, nese sentido, a autosuficiencia neste ámbito é unha ferramenta máis de responsabilidade económica.

 

 

Esta actividade, como todas as que realizamos, é gratuíta e de acceso libre.

Data e hora: Martes, 30 de xaneiro ás 17.30h

Lugar: Mercado Municipal (R/ Quiroga Ballesteros, 1)

Posted in General, Mercado da Terra | Tagged , , , | Comments Off on Programa de actividades 2018

II Chocolatada Xusta no Mercado da Terra

O próximo martes, 28 de novembro, organizamos, xunto con Lugo Xusta, a “II Chocolatada Xusta”. Será no horario habitual do Mercado da Terra, entre as 17h e as 20h.

Con esta actividade queremos sensibilizar sobre os nosos actos de consumo e a necesidade de apoiar iniciativas que fomenten unha compra responsábel.

PROGRAMA
17h OBRADOIRO “A pegada alimentaria”
18h CHOCOLATADA XUSTA (degustación gratuíta de chocolate de comercio xusto e biscoito elaborado polxs produtorxs do Mercado da Terra)
19h CONCERTO FILOPHÓBICAS
20h SORTEO CESTA PRODUTOS ECO E DE COMERCIO XUSTO
Máis info:
Posted in General, Mercado da Terra | Tagged , , | Comments Off on II Chocolatada Xusta no Mercado da Terra