Author Archives: Mercado da Terra
Contra a ordenanza in-cívica do concello de Lugo
O Mercado da Terra súmase á recén creada plataforma “Lugo sen mordazas”, en rexeitamento á “ordenanza cívica” do concello de Lugo. Podes asinar a petición para a retirada da ordenanza AQUÍ. Máis info: COMUNICADO PRESENTACIÓN LUGO SEN MORDAZAS LUGO SEN … Continue reading
Día mundial do Comercio Xusto: feira na Praza Maior
Lugo Xusta organiza unha semana solidaria para festexar o movemento do Comercio Xusto Lugo Xusta, xunto á Coordinadora Galega de ONGD`s, celebra o Día Mundial do Comercio Xusto o próximo sábado 12 cunha feira na Praza Maior e que cerrará … Continue reading
Proxección do filme FOOD COOP
Hoxe, ás 21.00h, temos en Lugo a presentación do filme FOOD COOP, no patio do vello cárcere. Despois debateremos sobre o filme xs companheirxs do Mercado da Terra, da cooperativa Zoca Miñoca e de Bico de Grao. O documental conta … Continue reading
Obradoiro mes de abril: elaboración de queixo fresco
O pasado 24 de abril tocou aprender a facer queixos no Mercado da Terra. O noso compañeiro Víctor, de “Millo e Landras”, ensinounos como elaborar un delicioso queixo con leite de vaca. As visitantes estiveron moi atentas e implicadas e … Continue reading
Novo obradoiro: SEMENTANDO POESÍA
Chega a primavera ao Mercado da Terra e con ela o momento da sementeira! Vide partillar connosco este momento! Este martes 27 a partir das 18h celebramos o obradoiro “Sementando Poesía”, no que fabricaremos papel reciclado introducindo sementes. Así … Continue reading
Charla informativa: Moedas Complementarias e Redes de Troco
Este martes, 27 de febreiro, ofrecémosvos unha nova actividade dentro do programa de dinamización do Mercado da Terra: Charla informativa sobre moedas complementarias e redes de troco. Con esta actividade pretendemos mostrar tres iniciativas reais, nas cales a economía está … Continue reading
Novo horario
AVISO: A partir do día 30 de xaneiro de 2018, o Mercado da Terra amplía o seu horario até as 20.30h.
Presentación: “I Congresso de Decrescimento em Lugo”
O próximo martes, día 6, a partir das 18h, contamos cunha nova actividade no Mercado da Terra: a presentación do “I Congresso de Decrescimento” e dos seus relatorios para debate. Coa participación dos ponentes: IVAN RODRIGUEZ. Xeólogo ambiental, doutor pola Universidade … Continue reading
Programa de actividades 2018
Como en anos anteriores, no Mercado da Terra poñémonos mans á obra para ofrecervos novas actividades paralelas á celebración do mercado. Comezamos xa a próxima semana! Haberá unha nova actividade cada mes. E neste mes de xaneiro abrimos cun obradoiro … Continue reading
II Chocolatada Xusta no Mercado da Terra
O próximo martes, 28 de novembro, organizamos, xunto con Lugo Xusta, a “II Chocolatada Xusta”. Será no horario habitual do Mercado da Terra, entre as 17h e as 20h. Con esta actividade queremos sensibilizar sobre os nosos actos de consumo … Continue reading